O catedrático da Universidade de Edimburgo, Heinz Giegerich, visita estes días a Facultade de Filoloxía e Tradución para impartir un curso de cinco horas sobre Lingüística e literatura inglesas, a súa especialidade. Esta foi a primeira visita do sobranceiro catedrático á Universidade de Vigo, despois de aceptar unha invitación da profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, Rosalía Rodríguez Vázquez.
27/11/2008