O río Miño substituirá ao Támese e as tripulacións de Cambridge e Oxford deixarán paso a remeiros das universidades de Vigo, Santiago, A Coruña, Porto, Alto Minho e Tras os Montes na celebración do I Trofeo Interuniversitario de Remo. Deste xeito, a Eurorrexión trata de afianzar a relación entre as universidades parceiras e recoñecer deste xeito a potencia de Galicia e o norte de Portugal na práctica do remo de banco móbil, e da súa modalidade estrela, o oito con timonel. Cada institución preparará, dende agora e ata maio, cando se celebrará a proba, un bote formado por unha tripulación mixta que deberán medirse en dúas regatas, de 500 e 1000 metros.
21/10/2009