Os novos talentos da moda non saben de límites e de esta volta atrévense a integrar música entre as súas puntadas. A Cidade da Cultura acolleu este mércores a presentación pública dunha colección “moi sonora” ideada polos tres gañadores de Debut 2011, David del Río, Adrián Rivas e Antonio J. Santos, en colaboración coa artista americana Alyce Santoro, creadora do Sonic Fabric, un tecido sonoro feito con cinta de casete e algodón, a partir do cal se desenvolveron os estilismos. Os tres recén titulados de Esdemga, Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galiza, crearon cadanseu traxe sonoro, “unha experiencia moi enriquecedora, innovando e inventando con materiais que non acostuman estar ao noso alcance”, explicaron os novos modistos.
15/12/2011