Constituída por 86 municipios do Norte de Portugal, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), é un servizo autónomo do Goberno central encargado da coordinación e promoción na rexión Norte de Portugal das políticas gobernamentais de planificación rexional, medio ambiente, xestión do territorio e cooperación transfronteiriza. Con máis de 40 anos de existencia a CCDR-N vén de se converter na cuarta institución portuguesa, despois das universidades de Porto, Minho e Aveiro, en manifestar o seu respaldo ao proxecto de Campus do Mar. “Trátase dun proxecto cuns obxectivos moi interesantes”, manifestou o presidente da Comisión Carlos Cardoso no transcurso da visita que á sede da Comisión en Porto realizaron o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago e o comisionado para o Campus do Mar, Emilio Fernández.
15/03/2010