A Administración Pública, do mesmo xeito que o resto dos sectores, non é allea á vertixe de cambios que están a provocar a incorporación das novas tecnoloxías, principalmente Internet. Hoxe en día moitos entes administrativos empezan a dispoñer de páxinas web e sistemas de comunicación de datos que lle permiten ao cidadán acceder a toda unha serie de servizos telemáticos que, doutra maneira, suporían ter que acudir ao portelo tradicional, cos custos en tempo, diñeiro e molestias que isto supón. Sen embargo, queda moito por andar, sobre todo cando hai varias administracións implicadas.
O profesor Luis Álvarez Sabucedo é o autor dunha tese de doutoramento na que proporciona unha plataforma software dirixida, entre outros aspectos, a facilitarlle aos usuarios a realización de servizos on line e que resulta especialmente útil “con aqueles servizos que requiren que un cidadán interaccione con diferentes administracións”, sinala o autor.
02/06/2009