DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha reunión mantida entre Manuel Reigosa e Félix Rubial

A Universidade e a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras afondan na súa colaboración

Nela abordaron temas de interese común como a Escola Universitaria de Enfermaría

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Reitor
  • Institucional
DUVI Ourense 09/09/2022

Coincidindo co inicio esta semana do curso académico 2022/2023, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e polo secretario xeral da institución, Miguel Ángel Michinel, reuniuse con Félix Rubial, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e Mª Milagros Fernández, directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense, centro adscrito á Universidade de Vigo e ubicado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Na xuntanza, que tivo lugar no Edificio de Ferro do campus, abordaron temas de interese común no marco de avanzar na estreita colaboración existente entre as dúas institucións.