DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Arrancarán en Ourense o mércores ás 16.30 horas no edificio Politécnico

A UVigo celebrará esta semana asembleas abertas nos tres campus sobre a futura Facultade de Enfermaría

En Pontevedra será o xoves ás 16.00 h en Belas Artes e en Vigo o venres ás 12.00 no edificio Ernesti

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 20/05/2024

O equipo de goberno da Universidade de Vigo acabe de anunciar a celebración esta semana de asembleas abertas á cidadanía nos tres campus para falar sobre a situación de Enfermaría, tres xuntanzas nas que explicar a docentes, alumnas e alumnos e calquera outra persoa interesada a folla de ruta de creación da futura facultade, a modificación do grao, a posta en marcha do máster e calquera outra cuestión que as persoas asistentes queiran coñecer relativas a todos estes aspectos.

As asembleas arrancarán o mércores no campus de Ourense, ás 16.30 horas no salón Marie Curie do edificio Politécnico, e retomaranse o xoves en Pontevedra, ás 16.00 horas na Facultade de Belas Artes. A última sesión será  o venres no campus de Vigo, ás 12.00 horas no paraninfo do Edificio Ernestina Otero.

As xuntanzas estarán presididas polo reitor, Manuel Reigosa, que estará acompañado polo vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, así como os correspondentes vicerreitores de campus, Javier Rodríguez Rajo, no caso de Ourense, e Eva Lantarón, no de Pontevedra.