DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Será a estrea como sala de concertos da sede institucional no Berbés

A UVigo convida á cidadanía a celebrar o Día Europeo da Música cun concerto da Orquestra Clásica no edificio Redeiras

O martes 21 de xuño ás 20.00 horas con entrada de balde

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
D. Besadío DUVI 17/06/2022

A Universidade de Vigo celebrará o vindeiro martes o Día Europeo da Música 2022 cun concerto a cargo da Orquestra Clásica de Vigo no edificio Redeiras. Será unha actividade aberta ao conxunto da cidadanía e suporá a estrea da sede institucional da UVigo no Berbés como sala de concertos. “Este é a primeira actuación musical que imos celebrar alí e a idea é continuar con todo tipo de actividades culturais ao longo de todo o ano”, explica  a vicerreitora en funcións de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria Natalia Caparrini, quen explica que, neste caso, o concerto xorde ao abeiro dun convenio de colaboración que acaba de asinarse entre a UVigo e a Orquestra Clásica de Vigo.

O repertorio constará dunha serie de propostas de cámara na que destaca a do trío de vento composto polos músicos Celia Vallo Gil (frauta), Iria Pérez Salgueiro (fagot

O concerto, de arredor de 45 minutos de duración, arrancará ás 20.00 horas con entrada de balde ata completar a capacidade da sala. Nesta liña, desde a organización convidan a todas as persoas interesadas a achegarse e gozar dunha conmemoración, o Día Europeo da Música, coa que se busca compartir o amor por esta arte nunha xornada festiva aberta á cidade e na que non importan as etiquetas. “Queremos eliminar barreiras para que a cidadanía acceda e goce da escoita e práctica da música en directo”, salientaron desde a orquestra.