DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A UVigo mantén a suspensión da actividade docente durante todo o día

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 29/04/2025

A Universidade de Vigo manterá a suspensión da súa actividade docente durante toda a xornada deste martes 29 de abril, como consecuencia do apagamento rexistrado no mediodía do luns e que se prolongou ata a madrugada de hoxe. Pola súa banda, as tarefas investigadora e administrativa estanse a desenvolver con normalidade en todos os centros dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo. Así mesmo, a actividade institucional prevista manterase durante esta xornada, celebrándose, por exemplo, o Consello de campus de Ourense, programado para as 09.30 horas en primeira convocatoria e para as 10.00 horas, en segunda. Non obstante, outros actos previstos para este martes foron adiados, como a entrega do II Premio atlanTTic á mellor tese doutoral no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación.

Ao longo das horas que se prolongou o apagamento non se rexistraron incidencias nas dependencias da institución académica viguesa, nin nos seus sistemas eléctricos, nin de seguridade. O único problema rexistrado afecta á rede informática, aínda que está previsto que se poida resolver ao longo da mañá.

Previsiblemente a actividade docente retomarase con total normalidade mañá mércores 30 de abril.