DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O encontro entre Esther de Blas e Gabriel Alén tivo lugar na sede do órgano autonómico

A vicerreitora do campus reúnese co delegado territorial da Xunta en Ourense

Foi unha primeira toma de contacto entre os dous representantes institucionais

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 12/05/2021

Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, reuniuse este mércores co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, dentro da rolda de encontros institucionais que este último está a manter con axentes representativos da sociedade ourensá. Tratouse dunha primeira toma de contacto que, indican desde a delegación territorial, “serviu para que as dúas institucións ratificaran a súa alianza a prol do fornecemento da sede universitaria de Ourense e permitiu facer visible o clima de bo entendemento e de máxima colaboración que existe entre a entidade universitaria e a administración autonómica”. Os responsables institucionais intercambiaron opinións e actualizaron información tamén coa ollada posta en explorar futuras sinerxías para desenvolver a curto e medio prazo.