27 Miteu Vigo. 'Medea, unha e todas'
Data de celebración:
23 of April at 18:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
TeatroEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNo Teatro da Cidade Universitaria
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, sube o pano este mércores 23 de abril, coa obra Medea, unha e todas a cargo da ESADg, unha revisión contemporánea e combativa do mito clásico, no que Medea deixa de ser só un personaxe para converterse nun símbolo colectivo. Con dirección de dramaturxia de Noelia Nuño e posta en escena a cargo de Lucía Costas, Lucía Fernández e Juan Diego Comesaña, a peza, a partir de textos de Eurípides, Séneca e Manuel Lourenzo, cuestiona con forza as estruturas de poder que historicamente someteron ás mulleres, ás estranxeiras e a todas as que non encaixan.
A representación comeza ás 18.30 e a entrada é de balde.