Ciclo de coloquios 'O mundo desde aquí'
Data de celebración:
13 of June of 2019 at 20:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
IgadiLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios and XornadasEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialCoa participación do doutor en Ciencias Políticas mexicano Antonio Alejo
A sede da Vicerreitoría do campus acolle a presentación do libro Política Global y Sociedad Civil en las Américas: Nuevas Diplomacias en Argentina e Mexico, do mexicano Antonio Alejo, doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
O coloquio, no que este experto abordará o concepto transformador en dereitos humanos da paradiplomacia cidadá, centrándose no caso de América e as distintas réplicas globais, enmárcase no ciclo de coloquios e libros O mundo desde aquí, que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) promove neste mes de xuño na sede da Vicerreitoría co obxectivo de abrir un espazo de encontro para pensar o mundo desde Galicia, aproveitando temáticas variadas e a recente publicación de libros por parte de colaboradores e investigadores asociados ao Igadi.