Coloquio coa artista Karin Sander

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

20 of February at 12:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externo

Organiza

Facultade de Belas Artes

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
Spain

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde No reservation required.

Modalidade

Presencial

Con motivo da clausura da súa exposición na Sala Manuel Moldes

Asisten: Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra, e Ignacio Pérez-Jofre, vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes e coordinador da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes 

Coincidindo coa clausura da súa exposición Kitchen Pieces, a artista alemá Karin Sander protagoniza un coloquio na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Aberta ao público, trátase dunha charla centrada no traballo dunha artista formada na Academia de Belas Artes de Stuttgart e no Whitney Museum of American Art de Nova York, que ao longo das últimas tres décadas protagonizou exposicións individuais en espazos como o MoMa de Nova York, a Galería Estatal de Stuttgart, o centro de arte Haus am Waldsee de Berlín ou a Bienal de Arquitectura de Venecia.

Na exposición Kitchen Pieces, Sander presenta unha instalación conformada por un conxunto de froitas e verduras, na que a substitución da representación pola presentación conéctase coa poética do obxecto atopado e co uso de materiais naturais e perecedoiros na arte.

Write it down in:

Add to Calendar 2025-02-20 12:00:00 2025-02-20 12:00:00 Coloquio coa artista Karin Sander Con motivo da clausura da súa exposición na Sala Manuel Moldes Facultade de Belas Artes Facultade de Belas Artes Europe/Madrid public