Exposición 'Remember Nansen'
Data de celebración:
9 of March of 2021 at 8:00 31 of May of 2021 at 22:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa planta baixa da CCSS e da Comunicación
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unha exposición fotográfica que rememora a traxectoria do diplomático noruegués Fridtjof Nansen (1861-1930), cuxo labor a prol dos refuxiados foi recoñecido en 1922 co Premio Nobel da Paz. A exposición insírese no proxecto Remember Nansen, financiado polo programa comunitario Europe for Citizens e coordinado pola Universidade Tecnolóxica de Tallín, coa participación das universidades de Vigo, Salamanca, Valladolid e Boloña, a Palacký University de Olomouc (Chequia) e o Instituto Letón de Asuntos Internacionais.