Gala entrega de Premios Youtubeiras 2021
Data de celebración:
26 of November of 2021 at 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Servizos de Normalización Lingüística de dez concellos and as tres universidades e a Deputación da CoruñaLugar
Praza Chavián, 1
15220 Bertamiráns
Spain
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialCoas Tanxugueiras
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, darán a coñecer nesta gala as gañadoras e gañadores da súa quinta edición. Tras a paréntese do ano pasado, os galardóns recuperan neste 2021 a entrega presencial cunha gala que se celebra na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20.00 h e que estará conducida polo grupo Tanxugueiras. Un total de 35 propostas finalistas aspiran a estes galardóns que reparten 7.500 euros entre as persoas gañadoras das doce categorías. Os premios de canle, youtubeira/o e vídeo contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto (calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, didáctico e pioneiro) é de 500 euros. Esa mesma cifra recibirá quen leve o Premio do Público, que se escolle a través dunha votación na Rede.
Máis información
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/os-v-premios-youtubeiras-disputaranse-ano-35-finalistas