I Xornadas sobre Open Science

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

1 of June of 2023
From 16:00 to 19:30 2 of June of 2023
From 9:30 to 14:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Antiga reitoría rúa Oporto

Rúa Oporto, 1
36210 Vigo
Spain

Tipo de evento

Congreso and Xornadas

Entrada:

Entre 50 e 200 euros Reservation required.

Modalidade

Semipresencial

Na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo

Os días 1 e 2 de xuño representantes de universidades de todo o Estado, dos ministerios de Universidades e de Ciencia e Innovación e da Comisión Europea danse cita en Vigo nas I Xornadas sobre Open Science, que organizan a UVigo e CRUE Universidade Españolas, e que inclúen charlas, mesas redondas e obradoiros prácticos nos que se abordarán diversos temas relacionados coa Open Science, como a xestión de datos, a publicación en acceso aberto e a avaliación da investigación, entre outros. 

As xornadas arrancan o día 1 ás 16.00 horas cun acto de apertura coa presenza do ministro de Universidades, Joan Subirats, ademais do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e da presidenta da Comisión Ciencia Abierta de CRUE e reitora da Universidade de Alacante, Amparo Navarro, e do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Tras as intervencións institucionais terá lugar unha mesa redonda sobre as estratexias nacionais de ciencia aberta coa participación de Raquel Yotti, secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación; José Manuel Pingarrón, secretario xeral do Ministerio de Universidades e Pilar Paneque Salgado, directora da Aneca. 

Enlace para retransmisión en directo do acto de inauguración: https://tv.uvigo.es/live/61702953b8f554672e20dfe2 O resto da programación é restrinxida para as persoas inscritas

Máis información

Nova no Duvi

Write it down in:

Add to Calendar 2023-06-01 16:00:00 2023-06-01 19:30:00 I Xornadas sobre Open Science Na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo Antiga reitoría rúa Oporto Universidade de Vigo Europe/Madrid public