II Congreso Internacional de Mediación Lectora
Data de celebración:
27 of March of 2019 at 16:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Concello de Pontevedra and Facultade de Ciencias da Educacion e do DeporteLugar
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias and CongresoEntrada:
de balde Reservation required.Modalidade
PresencialInserido no XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
O Pazo da Cultura acolle, no marco das actividades do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a segunda edición do Congreso Internacional de Mediación Lectora, que promoven o Concello de Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a rede de investigacíon Lijmi (Literaturas Infantiles del Marco Ibérico e Iberoamericano) e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
Coordinado pola profesora Eulalia Agrelo, e orientado a profesorado en exercicio, futuros docentes, técnicos de bibliotecas e outra serie de actores vinculados á selección de materiais de lectura para a infancia e a mocidade, a segunda edición deste congreso terá como eixos a lusofonía e a revolución e reunirá en Pontevedra a persoas de renomeado prestixio dentro do ámbito da literatura infantil e xuvenil de Brasil, Portugal ou Angola, como o escritor e ilustrador Roger Melo, gañador do Premio Hans Cristian Andersen, ou a escritora, tradutora e ilustradora Marina Colasanti, responsable da conferencia de apertura deste foro, titulada A lectura como revolución.