II Xornada 'O Clúster Alimentario de Galicia e os retos estratéxicos do sector'
Data de celebración:
19 of February of 2020 at 10:00Dirixido a
Estudantes , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Clúster Alimentario de GaliciaLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialNo edificio Miralles
Asisten: María Consuelo Pérez, vicerreitora de Transferencia da Universidade de Vigo
O campus de Vigo acolle a II Xornada O Clúster Alimentario de Galicia e os retos estratéxicos do sector: I+D+i e sustentabilidade. A cita ten como obxectivo achegar ao persoal investigador as necesidades da industria e as accións do Clúster Alimentario de Galicia en I+D+i e dar a coñecer as liñas de traballo de potenciais colaboradores do sector. A actividade está organizada polo Clúster Alimentario de Galicia coa colaboración da Vicerreitoría de Transferencia e do Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga.