Inauguración da exposición 'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita'
Data de celebración:
13 of March at 20:00 30 of May at 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Facultade de Belas ArtesLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, Tayone e o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reflexión sobre a importancia de reabrir a cafetaría do centro, como punto social e de intercambio de ideas para a facultade.
Promovida co apoio da Deputación de Pontevedra, a exposición poderá visitarse ata o 30 de maio na sala de exposicións do campus, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. A mostra complétase á súa vez co cadro Un berro por Belas Artes, realizado por Laxeiro en 1993 e verase complementada por dúas mostras efémeras con traballos do alumnado, coordinadas por Rapapawn e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.