Inauguración da exposición 'Queridas cousas: historias vestidas'
Data de celebración:
9 of December of 2021 at 20:00 30 of January of 2022 at 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
EsdemgaLugar
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialReúne os proxectos de estudantes e titulados de Esdemga
O Pazo da Cultura acolle a exposición Queridas cousas: historias vestidas, unha mostra promovida polo Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda (Esdemga) que reúne unha serie de traballos realizados por novos deseñadores e deseñadoras como parte da súa formación.
A exposición, que poderá visitarse ata o 30 de xaneiro, reúne os proxectos, cun marcado carácter experimental e narrativo, de 16 deseñadores e deseñadoras. Cinco destes atópanse cursando o mestrado na actualidade e o resto rematárono recentemente e presentan nesta exposición os resultados dos seus proxectos de fin de estudos. De feito, entre as propostas que reúne esta colección atópanse as coleccións de Noemí Montenegro, Sabela Juncal e Bibí Martín, recoñecidas cos tres premios outorgados o pasado mes de novembro en Debut 2021.