Inauguración do VI congreso internacional 'Fugas e Interferencias'
Data de celebración:
30 of September of 2021 at 10:00 2 of October of 2021 at 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Grupo de investigación PE4Lugar
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
Spain
Tipo de evento
CongresoEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
A Vicerreitoría do campus acolle a inauguración do VI congreso internacional Fugas e Interferencias, o único evento académico centrado na performance que se desenvolve en España, que combina no seu programa conferencias, mesas de presentación de estudos e performances.
Esta VI International Performance Art Conference desenvolverase entre o 30 de setembro e o 2 de outubro na Vicerreitoría do campus e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago. Tras o acto inaugural terá lugar a presentación do programa da súa sexta edición e, ás 11.00 horas, a primeira das súas mesas de comunicacións, titulada A arte e as súas interseccións.
Rematada esta, ás 12.30 horas, desenvolverase, na praza situada diante da Vicerreitoría, a performance Abstinencia, a cargo das estudantes de Belas Artes Andrea Dunia Díaz e Xiana Santiago Couce.