Mesa redonda 'Comezar, chegar e continuar'
Data de celebración:
24 of November of 2022 at 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de Pontevedra , Consello Social da Universidade de Vigo and ClínicasONLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialCoa participación de Teresa Portela, Sofía Toro e 'Defreds'
A Vicerreitoría do campus, co patrocinio do Consello Social da Universidade e a axuda técnica de ClínicasON promove a mesa redonda sobre emprendemento e motivación Comezar, chegar e continuar. Moderada polo fisioterapeuta e fundador de ClínicasON, Hugo Ogando, neste coloquio participan a piragüista e fisioterapeuta Teresa Portela, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio; a regatista e docente Sofía Toro, campioa olímpica en Londres 2012 e xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, e o escritor José Ángel Gómez, Defreds, autor de dez títulos dos que logrou vender máis de medio millón de exemplares.
Trátase dun coloquio aberto a toda a cidadanía, para o que será preciso realizar unha inscrición previa, que permanece aberta o propio día de celebración do evento. Esta pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección contacto@clinicason.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. As e os integrantes da comunidade universitaria deberán tamén achegar un documento xustificativo da súa relación coa institución, tendo preferencia na inscrición no caso de que se complete a capacidade da sala.