Presentación dos resultados do informe 'Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

20 of October of 2022
From 9:30 to 13:15

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externo

Organiza

Univesidade de Vigo and Consello Económico e Social de Galicia

Lugar

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Spain

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde No reservation required.

Modalidade

Presencial

Liderado polo catedrático Xosé Henrique Vázquez

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Agustín Hernández, presidente do Consello Económico e Social de Galicia, e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra 

O salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a presentación de resultados do informe Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0, realizado pola Universidade de Vigo a petición do Consello Económico e Social de Galicia.

O acto arrancará ás 09.30 horas cunha presentación que correrá a cargo do reitor, Manuel Reigosa; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros. A continuación, ás 10.00 horas, terá lugar a presentación dos resultados do informe da man do catedrático da Universidade de Vigo Xosé H. Vázquez, coordinador do equipo de traballo que elaborou o documento.

Tras unha pausa, prevista para as 10.45 horas, levaranse a cabo dous coloquios. No primeiro, Unha dixitalización 4.0, contarase coa intervención de Luis Pérez, director executivo de Gradiant; Iago Rodicio, vicepresidente de Parseq Corp. e Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia. No segundo,  Unha sociedade 5.0, participarán diferentes axentes representados no CES.

Write it down in:

Add to Calendar 2022-10-20 09:30:00 2022-10-20 13:15:00 Presentación dos resultados do informe 'Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0' Liderado polo catedrático Xosé H. Vázquez Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Univesidade de Vigo Consello Económico e Social de Galicia Europe/Madrid public