Primavera do Decrecemento. Faladoiro 'Cadernos vs. Tablets. Deberiamos desdixitalizar a ensinanza ?'
Data de celebración:
16 of May of 2024 at 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus co faladoiro Cadernos vs. Tablets. Deberiamos desdixitalizar a ensinanza?, no que Ecoloxistas en Acción presentará a campaña que desenvolve nos centros educativos pola desdixitalización da ensinanza. O coloquio será presentado polo investigador Víctor Sánchez.