Primavera do Decrecemento. Faladoiro 'O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo'
Data de celebración:
30 of May of 2024 at 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus, co faladoiro O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo. Moderado por Begoña de Bernardo, membro da xuntadirectiva da Rede para o Decrecemento Eo-Navia, o coloquio contará coa participación de Pablo Casares, técnico de atmosfera de MeteoGalicia, quen falará dos posibles escenarios climáticos que poderían darse en Galicia, partindo das previsións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático da ONU.