Proxección do documental 'Womanhood'
Data de celebración:
10 of October of 2019 at 19:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de Ourense and Cineclube Padre FeijóoLugar
Rúa da Canle, 6
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialNa Biblioteca Pública de Ourense
A Vicerreitoría do Campus de Ourense e o Cineclube Padre Feijóo organizan a proxección do documental Womanhood. A actividade forma parte da iniciativa Docs del mes, que ten como obxectivo achegar o cine documental ao máximo número de espectadoras e espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. Trátase dun documental dirixido pola cineasta de orixe kenyana establecida en Alemaña Beryl Magoko. Premiado en diferentes festivais, o filme preséntase como unha viaxe emocional da propia directora, vítima da mutilación xenital feminina na súa infancia en Kenya.
Máis información
Nova no Duvi:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/cinema-documental-volve-ourense-man-docs-mes