Rolda de prensa de presentación da Noite europea das persoas investigadoras
Data de celebración:
16 of September of 2021 at 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais and Vicerreitoría de InvestigaciónLugar
Reitoría Universidade de Vigo
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNa sala de xuntas do edificio Ernestina Otero e a través de UVigoTv
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e Belén Rubio, vicerreitora de Investigación
Rolda de prensa de presentación do programa de actividades e eventos que se van desenvolver co gallo da Noite europea das persoas investigadoras, que se celebrará o vindeiro 24 deste mes baixo o lema Conciencias creativas. A G-Night celebrarase en Galicia coordinada pola UVigo, e coa participación da USC e UDC e dunha decena de centros e institutos de investigación e institutos tecnolóxicos.
Neste acto daranse a coñecer as actividades programas para Vigo, Ourense e Pontevedra, en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares. Nun ambiente festivo, e a través de conferencias, obradoiros manipulativos, rutas, teatro, música ou experimentos, pequenos e maiores, con independencia dos seus coñecementos científicos, poderán achegarse ás e aos profesionais da investigación, e así coñecer o valor do seu traballo, así como a importancia desta actividade na sociedade e tamén a das vocacións científicas.
A rolda de prensa, que terá lugar na sala de xuntas do edificio Ernestina Otero (3º andar) poderá seguirse tamén en directo a través de UVigoTV