Ruta 3. Ruta Cabo Udra (Bueu, Pontevedra)
Data de celebración:
26 of November of 2022 at 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Área de Benestar and Saúde e DeporteLugar
Polideportivo Universitario. Campus As Lagoas, 4.º piso
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
Ao ar libreEntrada:
Consultar. Reservation required.Modalidade
PresencialSaída desde o pavillón de deportes do campus de Ourense
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo continúa o sábado 26 de novembro coa Ruta Cabo Udra (Bueu). As andainas, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, trasladaranse á provincia de Pontevedra despois de arrancar o pasado 25 de outubro a súa actividade en Portugal, realizando a Ruta Foz do Lima, Cabedelo e Ribeira de Anha, en Viana do Castelo, e continuar o 5 de novembro coa Ruta Romana do Viño, en Larouco, Ourense. A inscrición está aberta á comunidade universitaria, que ten preferencia, e á cidadanía en xeral. Haberá autobuses que trasladen ás e aos participantes dende cada un dos tres campus da Universidade de Vigo (Vigo, Pontevedra e Ourense) ao inicio do percorrido e de regreso.