Xornada 'Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades'
Data de celebración:
16 of September at 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , PDI and Público externoOrganiza
atlanTTicLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialOrganizado por atlanTTic
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo, atlanTTic, celebra a xornada Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades, na que persoal experto discutirá sobre a transición da tecnoloxía 5G á futura era 6G. Abordaranse temas como os fundamentos e características do 6G, o estado actual do despregamento 5G ou o impacto da intelixencia artifical nas futuras redes de comunicacións, entre outros temas.
A xornada comezará cunha charla a cargo de persoal investigador de atlanTTic á que seguirá unha mesa redonda na que participarán Carles Antón-Haro, director de Programas Europeos e Contratos Industriais de CTTC; Jorge Widmer, profesor e director de investigación en IMDEA Networks España; Alejandro Alonso Portero, experto en Innovación Tecnolóxica e Evolución de Rede de Telefónica e Germán Martín, Application Engineer de Rodhe&Schwarz España. A profesora da EET e investigadora de atlanTTic Ana Vázquez Alejos será a encargada de moderar a mesa redonda.
Para asisir á xornada, que será presencial no salón de graos da EE de Telecomunicación e tamén se poderá seguir a través de Campus Remoto, cómpre inscribirse.