Xornada Adolescentes e Xoves con TDAH: riscos, prevención e abordaxe
Data de celebración:
25 of November of 2022 at 16:15 26 of November of 2022 at 9:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Fundación IngadaLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
Consultar. Reservation required.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
Asisten: Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense; Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social, e Ángel Carracedo e Juan Trigo, presidente e secretario respectivamente da Fundación Ingada
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá os días 25 e 26 de novembro a xornada Adolescentes e Xoves con TDAH: riscos, prevención e abordaxe. A cita está organizada pola Fundación Ingada coa colaboración da Universidade de Vigo, a Deputación de Ourense e Cosaga. A cita abordará o trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) na adolescencia e mocidade e as dificultades e riscos que pode significar, así como as estratexias de prevención e abordaxe que as e os rapaces afectados, familias e profesionais que traballan no eido da mocidade deberían coñecer.