Xornada 'Aprendizaxe por ambientes en Educación Infantil'
Data de celebración:
8 of November of 2019 at 17:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Área de Didáctica da Expresión PlásticaLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Conferencias and ObradoirosEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialNo salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a xornada Aprendizaxe por ambientes en Educación Infantil, impartido polos docentes da Escola Infantil Agasalle, de Santiago, Daniel de las Heras, Natividad Martínez e Cristina Plaza. Organizada polas profesoras da Área de Didáctica da Expresión Plástica e investigadoras do grupo Remoss Cristina Varela, Begoña Paz e Iciar Ezquieta e patrocinada pola Vicerreitoría do campus, a xornada estará dirixida a presentar ao alumnado a metodoloxía desta escola infantil e o traballo que realizan a través de instalacións.
A actividade abrirase, ás 17.00 horas, coa conferencia Educación infantil: aprendizaxe a través de ambientes e instalacións, e completarase co obradoiro Agasalle, unha cidade infantil, que se desenvolverá entre 18.30 e as 20.30 horas no pavillón da facultade.