Xornada do Día Mundial da Auga 2019
Data de celebración:
22 of March of 2019 at 10:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de OurenseLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. No reservation required.Modalidade
PresencialSerá na sala Emilia Pardo Bazán. Soto do edificio de Ferro
Co gallo do Día Mundial da Auga, o campus de Ourense, como Campus da Auga, celebra unha xornada na que se falará da importancia da interrelación entre ríos e fontes nunha conferencia divulgativa a cargo do profesor Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. A segunda parte da actividade será unha mesa redonda na que se abordará a evolución do proxecto de especialización do Campus da Auga nos seus primeiros cinco anos de traxectoria, abríndose un debate co público asistente sobre o futuro desta iniciativa.