Xornadas de benvida 2022/2023

  • Estudantes
  • Pontevedra
  • Ao ar libre

Data de celebración:

5 of September of 2022
From 10:00 to 14:00

Dirixido a

Estudantes

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
Spain

Tipo de evento

Ao ar libre

Entrada:

De balde No reservation required.

Modalidade

Presencial

Nos campus de Pontevedra, Ourense e Vigo

Os días 5, 6 e 7 de setembro a Universidade de Vigo acolle as Xornadas de benvida 2022/2023, un encontro pensado especialmente para o alumnado que se incorpora este curso ás aulas universitarias. A primeira destas xornadas desenvólvese este luns no camus de Pontevedra, entre a Facultade de Fisioterapia e a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde se instalarán unha serie de postos con información xeral (aloxamento, transporte, voluntariado...), así como sobre bolsas e axudas, biblioteca, mobilidade, Centro de Linguas, emprego e emprendemento, benestar, saúde e deporte, igualdade... A maiores ao longo de toda a xornada haberá tamén demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, agasallos...

As Xornadas de benvida continúan o martes 6 no de Ourense, diante da biblioteca universitaria Rosalía de Castro, e o mércores 7 na praza Miralles do campus de Vigo.

Máis información

Web das xornadas

Write it down in:

Add to Calendar 2022-09-05 10:00:00 2022-09-05 14:00:00 Xornada de benvida 2022/2023 no campus de Pontevedra No espazo entre as facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Universidade de Vigo Europe/Madrid public