XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior
Data de celebración:
29 of May of 2019 at 9:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Universidade de Vigo , Universidad de Granada and Universidade de A CoruñaLugar
Praza da Inmaculada, 5
15704 Santiago de Compostela
Spain
Tipo de evento
Congreso , Investigación and XornadasEntrada:
de baldeModalidade
PresencialOrganizado polas universidades de Granada, Vigo e A Coruña
As universidades de Granada, Vigo e A Coruña organizan, co apoio da Asociación Española de Psicoloxía Conductual (AEPC) o XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (Fecies), que se desenvolve entre o 29 e o 31 de maio no mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Debater sobre a organización das ensinanzas universitarias, a selección do profesorado, a situación do doutoramento ou o proceso de converxencia europea do ensino superior, así como coñecer os plans desenvolvidos por diferentes universidades para potenciar a investigación e diferentes ferramentas para avaliar a calidade da investigación, constitúen os obxectivos dun congreso que prevé reunir a preto de mil persoas.
O foro, que agrupa unha serie de conferencias, mesas de debate e sesións aplicadas, así como preto de 70 simposios convidados, abrirase, tralo acto inaugural, cunha conferencia do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sobre as dificultades para a captación de talento nas universidades españolas.