Admisión de estudantes con estudos universitarios estranxeiros para o curso 2021/2022

UVigo - Communication 15/02/2021

Procedemento de admisión pola vía do recoñecemento dun mínimo de 30 créditos para estudantes que procedan de sistemas educativos doutros países, que cumpran os criterios fixados polo Consello de Universidades e que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  • Estudos universitarios estranxeiros non concluídos (deberase acreditar esta situación)
  • Estudos universitarios estranxeiros concluídos (terase que declarar que non está solicitada nin se vai solicitar a homologación do título obtido no estranxeiro por un título universitario español nin a equivalencia da titulación no ámbito académico universitario oficial español)
     

Máis información e solicitude

 

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607
soporte.grao@uvigo.gal