Concerto de Nadal 2020

UVigo - Communication 10/12/2020

 

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria e a todas as universidades españolas a asisitir ao seu tradicional Concerto de Nadal. 

Aberto ao público xeral, o concerto correrá a cargo do grupo folk galego TOR, formado polos irmáns Félix e Cástor Castro, Xosé Liz e Álvaro Iglesias, catro recoñecidos profesionais que, logo de moitos anos dedicados á investigación musical, apostaron por unirse neste proxecto.

Por mor da pandemia, o evento terá lugar de xeito totalmente virtual e poderá seguirse en directo. A cita será o xoves 17 de decembro, ás 20.00 h, a través de UVigoTV.

 

Grupo de folk galego Tor

 

  1. Sobrado
    Muiñeira de Manuel Lago de Carelle, Sobrado dos Monxes (tradicional)
     
  2. Carolina
    Canto de Finisterre (tradicional) e Carolina (tradicional, versión de Otilio Fernández)
     
  3. Valses
    Alalá de Vilalba, xotiça de Benardo Lopes e valse dos irmáns Moreira (tradicionais)
     
  4. Tambores
    Canto das montañas de Lugo (tradicional), muiñeira e golpe de Rodrigo A. de Santiago, muiñeira (tradicional)
     
  5. Repimpín
    Repimpín, valse de Florencio, danza de Fontefría (tradicional)
     
  6. Alboradas
    Alboradas (composición de Rodrigo A. de Santiago) e marcha procesional de Adelino Pichel (tradicionais)
     
  7. Muiñeira coitada
    Canto de Ronda de Randín (tradicional) e muiñeira coitada (Félix Castro)
     
  8. Argomoso
    Piruxalda de Argomoso e muiñeira de Vilaquinte (tradicionais)
     
  9. Cachoupiño
    Mazurca do Cachoupiño (Cástor e Félix Castro/Tor)

 

Documentación

Máis información

 

Vicerreitoría de Captación de Estudantes, Alumnado e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal