NO AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

Concerto de Nadal 2021

16 de decembro, ás 20.30 h

UVigo - Communication 07/12/2021

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a asisitir ao seu tradicional Concerto de Nadal. 

O concerto correrá a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e do compositor e pianista Brais González. A cita será o xoves 16 de decembro de 2021, ás 20.30 h, no auditorio municipal de Ourense (rúa da Canle, núm. 2, 32004 Ourense). A capacidade quedará limitada a 200 persoas e o concerto será retransmitido en directo por UVigo TV para o público que desexe seguilo de xeito virtual.

 

Programa

Música de cine, tres suites temáticas de Brais González:

O cine mudo
A época dourada, catro décadas de cine
Maxia e animación
Ciencia e ficción
Greatest hits


Convites

Cada membro da comunidade universitaria terá dereito a dous convites que se poderán descargar a través do Campus Activo. O prazo permanecerá aberto ata que se esgoten as invitacións ou ata as 14.00 h do día 14 de decembro. Se quedan convites logo deste prazo, poranse á disposición das persoas alleas á comunidade universitaria que os soliciten.

Campus Activo


Desprazamento

A Universidade de Vigo ofrecerá un servizo de autobús desde Pontevedra e Vigo para asistir ao concerto, condicionado ao número de solicitudes. 

Saída desde Pontevedra, ás 18.15 h
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Saída desde Vigo, ás 18.45 h
Antiga Reitoría, rúa do Areal

Solicitar autobús


Noticias relacionadas

 

Máis información:

Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 8136 26
extension@uvigo.gal