NO TEATRO AFUNDACIÓN DE VIGO

Concerto de Nadal 2022

19 de decembro, ás 20.30 h

UVigo - Communication 01/12/2022

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a asistir ao seu tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.

O concerto terá lugar no Teatro Afundación de Vigo (rúa de Policarpo Sanz, 13) o luns 19 de decembro ás 20:30 h e estará protoganizado pola Orquestra Clásica de Vigo co solista Emín Kiourktchian e o director Manuel Martínez Álvarez-Nava. 

Convites

Cada membro da comunidade universitaria terá dereito a dous convites que se poderán descargar a través do Campus Activo.

Para acceder ao recinto, cumprirá imprimir os convites ou descargalos no móbil. O código QR de cada invitación é único e permitirá un só acceso.

O prazo permanecerá aberto ata que se esgoten as invitacións ou ata as 23.59 h do día 15 de decembro. 

Campus activo


Desprazamento

A Universidade de Vigo ofrecerá un servizo de autobús desde Pontevedra e Ourense para asistir ao concerto, condicionado ao número de solicitudes. 

  • Saída desde Pontevedra, ás 19.00 h
    Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
  • Saída desde Ourense, ás 18.15 h
    Edificio de Facultades, rúa do doutor Temes

Se o precisas, preme na seguinte ligazón:

formulario de solicitude


Novas relacionadas

 

Máis información:

Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 8136 26
extension@uvigo.gal