WEB
Es membro da comunidade alumni-UVigo?
Pensaches en reunirte coas amizades da universidade?
A Universidade de Vigo creou a comunidade alumni-UVigo co obxectivo principal de xerar un novo espazo de comunicación, non só para manter activo o vínculo entre a institución académica e as persoas tituladas e outros colectivos, senón tamén para establecer sinerxías dentro do usuariado que faciliten o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Dentro da comunidade atoparás os teus antigos compañeiros e compañeiras universitarios. Poderás volver establecer o contacto, velos e, por suposto, lembrar cada unha das experiencias compartidas no pasado.
Coñece a web e as redes sociais da comunidade alumni-UVigo e convérterte en membro.
Agardámoste!
Máis información:
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal