Graos 2022/2023

UVigo - Communication 16/05/2022

As probas de acceso á universidade en Galicia están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIuG), na que están representadas as tres universidades galegas.

A continuación ofrecémosche información sobre as probas da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), as probas para as persoas maiores de 25 e de 45 anos e as probas específicas xunto con todas as xestións asociadas:

Saber máis

Prazos de preinscrición

Todos os prazos finalizan ás 14.00 h do día da fin do prazo indicado

Preinscrición Convocatoria ordinaria de xuño Convocatoria extraordinaria de xullo
Anticipada do 15 ao 30 de xuño do  29 de xullo ao 2 de agosto
Ordinaria do 21 ao 30 de xuño  
Titulados/as universitarios(1) do 14 ao 29 de xullo  
Bacharelato europeo, bacharelato internacional e estudos de bacherelato ou de técnico/a superior de formación profesional cursados nun país estranxeiro do 15 de xuño ao 7 de xullo  

(1) da convocatoria ordinaria de 2022 que teñan feito o depósito do título 

Convocatoria de preinscrición

Todos os prazos de matrícula indicados a continuación inician ás 00.01 h do primeiro día e finalizan ás 23:55 h do día da fin do prazo indicado


ABAU ordinaria

Quenda Listaxe de admisión Prazo de matrícula**
1.º 14 de xullo do 15 ao 18 de xullo
2.º 22 de xullo do 23 ao 27 de xullo
3.º 29 de xullo do 30 de xullo ao 2 de agosto
4.º 4 de agosto do 5 ao 8 de agosto
5.º 9 de agosto 10 e 11 de agosto
6.º 2 de setembro do 3 ao 6 de setembro

** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes

Matricúlate
 

ABAU extraordinaria

Quenda Listaxe de admisión Prazo de matrícula**
4.º 4 de agosto do 5 ao 8 de agosto
5.º 9 de agosto 10 e 11 de agosto
6.º 2 de setembro do 3 ao 6 de setembro

** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes

Matricúlate
​​​​​​

Se es estudante de novo ingreso ou de continuación, velaquí un resumo dos prazos que debes coñecer:
 

Prazo ordinario de matrícula: do 26 de agosto ao 12 de setembro de 2022

  • Recoñecemento de créditos (procedemento de admisión 1.3)
  • Retomar una titulación trasladada (procedemento de admisión 1.4)
  • Cambio de centro (procedemento de admisión 1.6)
  • Modalidade de cursos tutelados dos RFC (procedemento de admisión 1.8)
  • Cursar unha mención (procedemento de admisión 1.9)
  • Incorporación a un PCEO (procedemento de admisión 1.10)
  • Iniciar un curso ponte (procedemento de admisión 1.7)
  • Realizar unha adaptación de plan de estudos (procedemento de admisión 1.5)
  • Estudantes de continuación

Para completar os requisitos formativos complementarios no trámite de homologación dun título estranxeiro 

  • Ao longo de todo o curso académico ao menos 15 días antes da avaliación
  • Modalidade de proba de aptitude dos RFC (procedemento de admisión 1.8) 
  • Modalidade de período de prácticas dos RFC (procedemento de admisión 1.8)
  • Modalidade dun proxecto ou traballo dos RFC (procedemento de admisión 1.8)

3 días naturais desde a asignación de praza 

  • Prazas vacantes (procedemento de admisión 1.11)

Ata o 15 de outubro de 2022

  • Estudantes de intercambio que veña cursar o primeiro cuadrimestre ou o curso completo (procedemento de admisión 1.12)

Ata o 4 de marzo de 2022

  • Estudantes de intercambio que veña cursar só o segundo cuadrimestre (procedemento de admisión 1.12)

 

Na seguinte ligazón atoparás toda a información sobre como e cando formalizar a túa matrícula na Universidade de Vigo:

Máis información

 

Preguntas frecuentes (FAQ)

  • Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
  • É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
  • Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos). 
  • Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas
    esgotadas pola matricula da convocatoria ordinaria, ou aquelas que a CiUG, a vista da lista de
    espera, estimase que se esgotarán todas as prazas con solicitantes da convocatoria ordinaria. Tampouco se ofertarán prazas para as cotas de titulados universitarios, M25, M40 e M45. Ofertaranse as prazas non cubertas das cotas de Discapacitados e Deportistas. 
  • Os solicitantes poderán presentar reclamación á súa asignación de prazas no prazo de tres días hábiles seguintes á publicación da listaxe correspondente. A reclamación, deberase facer a través do formulario que figurará na páxina Web da CiUG: https://ciug.gal/gal/admision-sug. A CiUG valorará a solicitude e se o considera necesario poderá solicitar documentación complementaria para a axeitada valoración da mesma.

 

Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos organizados en distintos ámbitos de coñecemento. Poderás descubrilos no buscador de estudos de grao, no que atoparás toda a información relevante (número de prazas, saídas profesionais, notas de corte, prezos etc.) e no que poderás realizar as túas buscas por ámbito ou por campus:

 

Máis información:

Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal

Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal