UNIVERSIDADE EUROPEA ATHENA

I Hackathon estudantil de ATHENA

Do 24 ao 28 de abril

UVigo - Internacional 10/04/2023

A Universidade de Vigo convida o estudantado ao primeiro Hackathon organizado por ATHENA!
 
Cando?

O evento terá lugar do 24 ao 28 de abril de 2023. 

Obxectivo

Construír unha aplicación que tratará un dos seguintes obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS):

  • Cidades e comunidades sostibles.
  • Boa saúde e benestar.
  • Responsabilidade, consumo e produción.
  • Industria, innovación e infraestruturas.

Como participar

  • Rexístrate no seguinte formulario ata o 7 de abril de 2023.
  • No formulario de inscrición selecciona a primeira, segunda, terceira e cuarta elección segundo os ODS tratados.
  • A primeira reunión en liña terá lugar o 24 de abril. Ese día organizaranse os equipos que non contarán con máis de sete membros cada un. Como máximo, dous equipos poderán seleccionar o mesmo ODS. Reuniraste co teu equipo para decidir que aplicación podes facer.
  • Tamén o 24 de abril, un grupo de expertos exporán os catro ODS (15 minutos para cada presentación).
  • O 28 de abril, cada equipo presentará o prototipo da súa aplicación relacionado co ODS seleccionado.

O comité organizador achegará como trofeo o patrocinio para seguir desenvolvendo a idea.

ATHENA HACKATHON

 


 

A UVigo é unha das nove institucións universitarias que integran a alianza ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance), un dos proxectos piloto de universidades europeas seleccionados pola Comisión Europea en 2020.

ATHENA céntrase na transformación dixital das sociedades e busca crear formacións internacionalizadas, abrir a mobilidade internacional ao maior número posible de estudantes, favorecer a execución de proxectos de investigación e de desenvolvemento colaborativos e abrir novas perspectivas europeas, non só aos máis de 160.000 estudantes e aos 15.000 traballadores e traballadoras da alianza, senón tamén ás comunidades locais e ás entidades socias.

Ademais da Universidade de Vigo, o consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico do Porto (Portugal), está integrado polas seguintes institucións académicas: Université d'Orléans (Francia), Universität Siegen (Alemaña), Univerza v Mariboru (Eslovenia), Vilnius Tech (Lituania), Università Niccolò Cusano (Italia), Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia) e Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej w Lublinie (Polonia). 

Na web do consorcio poderás coñecer as oportunidades que ATHENA lles ofrece a todas as persoas que forman a comunidade universitaria.

Web de ATHENA

 

Más información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin