MEGAU 2025
A Universidade de Vigo comprácese en acoller o acto de homenaxe ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nas probas de acceso á universidade (PAU 2025) organizado polas tres universidades públicas galegas en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
A cita será o venres 20 de xuño de 2025, de 16.00 a 20.00 h, no Complexo Deportivo das Travesas de Vigo (Avda. de Castrelos 1 36210 Vigo).
A MEGAU 2025 ten como obxectivo homenaxear o estudantado cunha nota igual ou superior a 8,5 na fase xeral da proba de proba de acceso á universidade en Galicia (PAU 2025), así como os centros educativos onde cursaron os seus estudos de bacharelato.
- O estudantado premiado e unha persoa representante do seu centro terán asentos reservados na pista para subir ao escenario e recibir o recoñecemento polo seu éxito académico.
- O estudantado poderá acudir acompañado da súa familia e amizades, que serán acomodadas nas bancadas do pavillón. Por motivos de capacidade, o número máximo de acompañantes por estudante é de tres.
- A partir do 12 de xuño contactarase por correo co estudantado premiado e cos seus centros para indicarlles como inscribirse no acto e informalos sobre o seu desenvolvemento.
Programa
O acto de entrega de recoñecementos comezará ás 18.00 h. Desde as 16.00 e ata as 17.30 h, o pavillón estará aberto para que o estudantado homenaxeado e os centros poidan recoller as súas acreditacións e diplomas. Durante ese tempo, haberá un photocall á disposición das persoas asistentes que desexen ser retratadas polo noso equipo profesional e tamén se poderán visitar distintos proxectos desenvolvidos polas asociacións universitarias. A partir das 17.30 h pecharanse as portas e non se poderá acceder ao recinto.
| 16.00 h | Apertura das portas Recollida das acreditacións e dos diplomas, photocall e visita das exposicións das asociacións universitarias |
| 17.30 h | Peche das portas |
| 18.00 h | Entrada das autoridades |
| 18.15 h | Intervención das autoridades |
| 19.00 h | Subida ao escenario do estudantado e dos centros premiados |
| 20.00 h | Clausura do acto |
Reportaxe fotográfica
Realizarase unha ampla reportaxe fotográfica, dispoñible para descargar o mesmo día do evento.
Sede do evento
A MEGAU 2025 terá lugar no Complexo Deportivo das Travesas de Vigo (Avda. de Castrelos 1 36210 Vigo).
Onde aparcar
- Aparcadoiro Camelias (a 5 minutos)
Praza de América, 1
36211 Vigo - Aparcadoiro Praza de América (a 6 minutos)
Avda. de Castelao, 2
36210 Vigo - Aparcadoiro A Coruña (a 6 minutos)
Rúa da Coruña, 7
36208 Vigo - Aparcadoiro López Mora (a 7 minutos)
Praza do Escultor Xoán Piñeiro, 4
36211 Vigo - Aparcadoiro Praza da Independencia (a 8 minutos)
Praza da Independencia, s/n
36211 Vigo - Aparcadoiro Centro Comercial Gran Vía (a 12 minutos)
Rúa do Miradoiro
36211 Vigo
Máis información:
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 603
megau@uvigo.gal
Organización




Colaboración


Última actualización: 13 de xuño de 2025




