UNIVERSIDADE EUROPEA ATHENA
Mesa redonda organizada por ATHENA
8 de marzo de 2023, ás 16.00 h
A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a seguir en liña a mesa redonda organizada pola universidade europea ATHENA co gallo do Día Mundial da Muller 2023.
As participantes debaterán sobre os retos profesionais aos que se enfrontan as mulleres e as posibles estratexias para superarlos.
Para participar, cómpre inscribirse a través do formulario de rexistro.
A citá será o 8 de marzo de 2023, ás 16.00 h.
ROUND TABLE: WOMEN IN LEADERSHIP
ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance) é un dos proxectos piloto de universidades europeas seleccionados pola Comisión Europea en 2020. Ademais da Universidade de Vigo, o consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico do Porto (Portugal), está integrado polas seguintes institucións académicas: Université d'Orléans (Francia), Universität Siegen (Alemaña), Univerza v Mariboru (Eslovenia), Vilnius Tech (Lituania), Università Niccolò Cusano (Italia), Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia) e Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej w Lublinie (Polonia).
ATHENA céntrase na transformación dixital das sociedades e busca crear formacións internacionalizadas, abrir a mobilidade internacional ao maior número posible de estudantes, favorecer a execución de proxectos de investigación e de desenvolvemento colaborativos e abrir novas perspectivas europeas, non só aos máis de 160.000 estudantes e aos 15.000 traballadores e traballadoras da alianza, senón tamén ás comunidades locais e ás entidades socias.