Mobilidade autónoma
O vehículo autónomo da UVigo ofrece unha liña que conecta distintos edificios do campus de Vigo. O servizo é de balde e pode empregalo toda a comunidade universitaria. O itinerario é circular é pódese subir e baixar en calquera das paradas ao longo do percorrido.
O vehículo conta cunha capacidade para oito persoas e foi desenvolvido a través dun proxecto da Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) co impulso da Xunta de Galicia.
Anímaste a probalo? Só tes que revisar o mapa para identificar a parada máis próxima ao teu destino e consultar a localización do vehículo en tempo real na seguinte ligazón.
Paradas
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Edificio Exeria
Biblioteca
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Citexvi
Edificio Ciencias Experimentais
Escola de Enxeñaría Industrial
Horario
- De luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas.
O vehículo non estará operativo os seguintes días festivos: 19 de marzo, 2 e 3 de abril, 1 de maio e 24 de xuño.
Recursos para descargar
Novas
- Arranca no campus o programa piloto do coche autónomo conectado (Duvi, 04/02/2026)
- Vigo convértese no primeiro campus español en dispor dun servizo de vehículo autónomo conectado (Duvi, 22/01/2026)




