Plan de medidas urxentes de aforro enerxético

UVigo - Communication 29/09/2022

A Universidade de Vigo leva anos apostando de forma decidida polas enerxías renovables e a eficiencia enerxética, para lograr con iso unha importante redución do impacto que a súa actividade ten sobre o medio ambiente e unha menor exposición á escalada de prezos da enerxía. Con todo, a UVigo non é inmune á situación actual, o cal fai que se deban tomar medidas extraordinarias para conter o custo da enerxía que a institución académica consome.

O Plan de medidas urxentes de aforro enerxético publícase co obxectivo de adoptar un conxunto de accións para conseguir unha redución do consumo enerxético de entre un 25 % e un 30 % do consumo actual.

O plan está aliñado co obxectivo estratéxico da Universidade de Vigo de fomentar a sustentabilidade da actividade universitaria, en consonancia co obxectivo xeral de loita contra o cambio climático (ODS13) e de redución do consumo enerxético e da pegada de carbono da súa actividade (ODS7 e ODS11). 

Plan de medidas urxentes de aforro enerxético


Avisos


17/1/2023

Á vista da previsión de baixas temperaturas para os vindeiros días, amplíase o horario de acendido das calefaccións ata que mellore a situación meteorolóxica.

Velaquí o novo horario:

  • Mañá: de 7.00 a 13.00 h
  • Tarde: de 15.00 a 19.00 h
  • Nos centros docentes que non teñan clase pola tarde, os sistemas de calefacción empregaranse só durante o tramo da mañá.
  • Os edificios administrativos só terán calefacción pola da mañá.

 

Cartelaría

Novas relacionadas

 

Máis información:

Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal