Para o estudantado de 2.º, 3.º e 4.º
Repartición de carpetas e de axendas
Logo de entregarlle as carpetas do curso 2020/2021 ao alumnado de primeiro nas xornadas de benvida, iniciamos a repartición dun novo lote de carpetas e de axendas con información académica e dos nosos servizos.
Este ano, grazas á colaboración do Consello Social, podemos ampliar a entrega deste material ao estudantado de segundo, terceiro e cuarto curso de grao.
Nos seguintes centros, contaremos coa axuda das delegacións de estudantes onde se poderá recoller este material en función dos seus horarios de atención:
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
- Escola de Enxeñería Industrial
- Escola Universitaria de Estudos Empresariais
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Química
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
- Escola de Enxeñaría Forestal
- Facultade de Fisioterapia
- Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
- Facultade de Historia
- Facultade de Dereito
- Escola Superior de Enxeñaría Informática
- Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
No resto de escolas e de facultades, instalaremos mesas informativas para repartir as carpetas e as axendas.
Informarémosvos das datas e dos horarios de recollida así como de calquera cambio a través da web institucional e das nosas redes sociais.
A distribución realizarase durante o mes de novembro por orde de chegada e ata fin de existencias.
Moitas grazas ás delegacións de estudantes e a todos os centros pola súa colaboración!
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal
Consello Social
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 663
secoso@uvigo.gal