Semana de portas abertas virtual na UVigo
A través de Campus Remoto
A UVigo convídate á súa semana de portas abertas virtual!
Do 20 ao 23 de abril poderás resolver as dúbidas concretas que teñas sobre os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo.
Para participar, só é necesario consultar o programa e premer nas ligazóns dos graos que che interesen para acceder á sesión en liña.
Máis información:
Área Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal




