A UVigo regala 25 entradas para o OUR FEST Xacobeo 2022
A Universidade de Vigo sortea 25 entradas dobres para a primeira edición do OUR FEST Xacobeo 2022 que terá lugar en Ourense o día 17 de setembro.
Bases do sorteo
Queres saber como gañar unha?
- Sigue a conta de Instagram do campus de Ourense e cubre o formulario que se atopa máis abaixo.
- Poderán participar os membros da comunidade universitaria ata o venres 16 de setembro ás 10.00 h.
- O venres 16 de setembro, a partir das 12.00 h, a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará na web e nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron.
- Se es unha das persoas afortunadas recibirás a túa entrada dobre no enderezo electrónico rexistrado.
Resultados do sorteo
Á vista da gran participación da comunidade universitaria no sorteo e grazas á colaboración da organización do festival, a Universidade de Vigo sorteou finalmente 30 entradas dobres. Velaquí o nome das persoas gañadoras:
- Agustín Suárez Martínez
- Ariadna Domínguez
- Eliana Goldur Golidgur Lawrynowicz
- Martín Rodríguez Cudeiro
- Alba Guzmán Falcón
- Mónica López
- Rosa Pérez Gregorio
- Sonia Iglesias Cimadevila
- Diana Beatriz Míguez Yanes
- Noelia Costoya Rosende
- Raúl Sarmiento Meixeiro
- Raquel Pérez Orozco
- María Jesus Llevot Sánchez
- Inmaculada de la Calle González
- Estefanía Carolina López Silva
- Carlota Freiría Cordero
- Raquel Rey Vilas
- Diego Alonso Fernandez
- Rosana Fernandez Rodríguez
- Rocío Rodriguez
- Enrique Barreiro Alonso
- Raúl Valencia Posada
- Marta Abal Vaquero
- Damián Costas Costas
- Vicente Rodriguez Lopez
- Eduardo Calzado
- Daniele Tommasini
- Mar Nieves Fernández
- Maria Otero Villamarin
- Jose Jato Darriba
Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que participaron!
Protección de datos
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo.
Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das entradas para o OUR FEST Xacobeo 2022 e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.
A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.
Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra).
Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.
Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal