XXV Foro Tecnolóxico de Emprego

11 e 12 de marzo

UVigo - Communication 18/02/2025

Os días 11 e 12 de marzo terá lugar a vixésimo quinta edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha iniciativa feita polo estudantado e para o estudantado, centrada en proporcionar oportunidades laborais e de crecemento profesional para estudantes. Un ano máis, o Foro Tecnolóxico de Emprego ofrecerá un espazo onde a conexión entre o estudantado e as empresas se converterá nunha realidade.

O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha asociación sen ánimo de lucro conformada por estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Nace en 2001 a partir da unión das delegacións de alumnado das tres escolas e xorde da necesidade de achegar as empresas líderes no sector tecnolóxico ao estudantado universitario.

Web do Foro Tecnolóxico de Emprego


Novas relacionadas:

 

Foro Tecnolóxico de Emprego
foro@forotecnoloxico.net