NO AUDITORIO DO TEATRO AFUNDACIÓN DE VIGO
XXXIV Semana de Cine Submarino
3, 4 e 5 de novembro
Do 3 ao 5 de novembro, o Teatro Afundación de Vigo acollerá a XXXIV Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo, unha cita para descubrir o mundo mariño a través dunha ducia de proxeccións e de coloquios cos expertos e expertas convidados.
As sesións terán lugar os tres días ás 20.00 horas. A asistencia é de balde ata completar a capacidade da sala.
- Unha ducia de proxeccións somerxerán o público na 34.ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo (Duvi, 29/10/2026)
- A Semana de Cine Submarino regresará ao auditorio de Afundación os días 3, 4 e 5 de novembro (Duvi, 9/10/2026)
Máis información:
Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal




